Camping próximo á Praia das Catedrais

Deseñado e construído polo pintor Celso Dourado.

Orixinalidade na súa arquitectura

Destaca a súa orixinal e bela arquitectura, onde a madeira, o vidro e a pedra son os elementos principais da súa construción.

Contorna rural sobre a praia lucense

O seu emprazamento caracterízase por estar ubicado no corazón dos oito kilómetros de areais de Barreiros, con acceso directo ás praias, conectadas entre si por un grande paseo que remata na coñecida Praia das Catedrais. Estes areais son únicos na Mariña para disfrutar do clima suave das Rías Altas de Galicia.

Zona de acampada completamente arborizada

Posúe un área de acampada totalmente arborizada e delimitada por sebes vexetais que dan acceso aos servizos, dotados de auga quente de balde.

Todos os servizos

Ademáis do bar-cafetería, tenda de alimentación, parque infantil, ten unha zona de grellas, bañeira para bebés, lavadora, secadora, así como información de roteiros para coñecemento turístico e etnográfico da comarca da Mariña e bisbarra. WIFI gratuito.

Pechar Menu